Monday 13 de May de 2024

O PP de Oleiros denunica a posible desaparición da liña de bus 1A ata Santa Cristina


O 24 DE MARZO TERMINABA Ao PRAZO PARA QUE ALCALDE DE OLEIROS CUMPRISE COAS SÚAS OBRIGACIÓNS ADQUIRIDAS NO CONVENIO E ABONASE Os 50.000€ QUE DEBE

O PP de Oleiros mostra a súa perplexidade #ante a falta de compromiso do Alcalde de Oleiros cos acordos adoptados, que deixa no aire a continuidade do servizo de bus urbano no termo municipal.

Segundo tivo coñecemento o Partido Popular, o pasado 22 de febreiro o concello de Oleiros presentou un escrito para a renovación do convenio asinado coa Xunta de Galicia e o Concello da Coruña para a prolongación da liña de bus 1A ata Santa Cristina -coincidindo coa época estival- e solicitando a ampliación do devandito servizo á totalidade do ano.

Este convenio obriga ao concello de Oleiros a asumir integramente as indemnizacións ás compañías de autobús interurbano cuxos percorridos coincidan cos da liña 1A, derivadas da perda de viaxeiros que sofren. Durante os anos 2019 e 2022 estimouse que a contía pola citada perda de viaxeiros rolda os 50.000€. O alcalde de Oleiros négase a recoñecer esa perda e, facendo uso da súa habitual falta de empatía para alcanzar acordos, sinala como única solución levar o asunto a un Contencioso.

“Esperamos que o Alcalde non contribúa a agravar os problemas de mobilidade que o seu plan creou, impedindo a continuidade deste servizo, e abone os 50.000 € que debe” manifestou Loli Silva, candidata á alcaldía de Oleiros polo Partido Popular.

Para o Partido Popular, García Seoane ten emprendida unha batalla coa Conselleira de Infraestruturas por motivos estritamente políticos a pesar de ser este organismo da Xunta o que maiores investimentos fixo ao longo dos anos en Oleiros, entre outras, a propia Vía Ártabra.

“Esta nova rabecha pódelle xerar problemas aos oleirenses xa que o funcionamento do bus a Santa Cristina é especialmente importante, agora que empeza o bo tempo, para evitar maior conxestión de tráfico na zona”, engadiu a candidata do PP.

“Dispón de 50.000€ para repartir a domicilio un novo libro, como en anteriores eleccións, pero négase a pagar este servizo público comprometido e imprescindible para aliviar a conxestión na ponte da Pasaxe. Paréceme absolutamente irracional”, valorou a cabeza de lista popular.